Browsing by Issue Date, starting with "2021-04-29"
Now showing 1 - 2 of 2
Results Per Page
Sort Options
- Espazos sen memoria: os asentamentos Xudeu-conversos en GalizaPublication . Iglesias, Patricia Armada; Correia, Mariana; Sousa, GoretiLIMIAR | Galego A cultura xudaica caracterízase por posuír unha identidade moi forte e rexida estritamente polos preceptos relixiosos. A vivencia na diáspora e a condición de minoría, levou ó pobo xudaico a loitar para que a súa identidade prevalecera a pesar da represión. Esta resistencia e a forte adhesión á súa relixión, condicionarán os diferentes espazos nos que transcorre a súa vida, o que leva a considerar a posibilidade de que exista unha singularidade que caracterice a súa arquitectura e o seu urbanismo. A escaseza de documentación referente á comunidade xudeu-conversa en Galiza, así como a falta de investigación neste ámbito, dende un punto de vista arquitectónico, condicionan a constitución dunha base bibliográfica. Por outro lado, os poucos vestixios que perduran están na súa maioría infravalorados, atópanse en mal estado de conservación e sen inventariar, o que dificulta a busca de características urbanísticas e arquitectónicas únicas da cultura xudaica. Esta dissertação nace co obxectivo de aportar coñecemento a unha área aínda pouco estudada da arquitectura galega e do urbanismo galego. O obxectivo é identificar a forma particular dos asentamentos de xudeus convertidos, así como diferenciar os elementos arquitectónicos da casa xudeu-conversa. A metodoloxía que estrutura a presente investigación, baséase no método histórico. Este está composto por unha investigación documental, cuxa información provén, tanto de fontes escritas como de fontes non escritas, realizándose a través da selección de datos aportados por diversas entrevistas exploratorias e semi-estruturadas. Realízase tamén unha observación directa dos sitios co apoio de dúas técnicas: fotografía e notas de campo. Levouse a cabo unha análise urbana e unha análise arquitectónica, e posteriormente análise comparativa. Será na última parte onde se expoñen todos os resultados despois da súa observación e interpretación. Pese ás dificultades atopadas neste campo de estudo, foi posible identificar padróns urbanos característicos, definindo que os asentamentos urbanos dos barrios xudeus en Galiza, tenden a situarse en torno a unha rúa principal, preto das murallas e das súas portas, así como de centros de poder. Ademais, a malla urbana aínda permanece hoxe visible relacionada coa existencia dos asentamentos xudaicos, caracterizada por posuír rúas sinuosas e angostas, con accesos limitados que pasan intencionadamente desapercibidos. Por outra parte, é necesario inventariar máis estruturas, elementos e símbolos arquitectónicos únicos. Serán necesarios estudos máis profundos para que esta herdanza non desapareza.
- Serviços compartilhados de autoconsumo, flexibilidade, simulação, análise e impacto na redePublication . Carpinteiro, Álvaro Alves Marques; Agreira, Cristina Isabel Ferreira Figueiras Faustino; Ferreira, Carlos Manuel Borralho MachadoAtualmente, as sociedades dependem intensivamente de energia elétrica para desempenharem as tarefas do quotidiano, sendo isto válido em ambientes residenciais, bem como ambientes industriais e públicos.A tendência futura não envolve reduzir esta dependência, mas sim tornar mais eficiente os processos que dela dependem.Neste relatório, serão abordadas as temáticas relacionados com cidades inteligentes, onde será proposto um modelo de aquisição de dados garantido por uma rede de contadores inteligentes, armazenamento em bases de dados temporais com particular destaque para o InfluxDB, e visualização da informação com recurso a duas ferramentas gráficas: o Grafana e o TigerGraph.O projeto foi assente numa rede de testes construída e pensada com o objetivo de serem desenvolvidas estratégias e implementadas metodologias que permitam o estudo de diferentes cenários em matérias de cidades inteligentes.Os resultados obtidos confrontam tecnologias clássicas, comparativamente a uma abordagem mais atual, permitindo aprofundar caminhos diferentes dos tradicionais e assim obter maior conhecimento de soluções a implementar.
